UU.AA. denuncia o abandono dos gandeiros de Cervantes

O Sindicato Unións Agrarias (UU.AA.) denunciou esta mañá o abandono, por parte da Xunta de Galicia, dos gandeiros do municipio de Cervantes. O sindicato agrario acusa ao goberno autonómico de non dar resposta oficial aos afectados pola vaga de lumes que se deu en outubro, cando xa pasaron seis meses.

Despois de ese tempo, os gandeiros afectados polos lumes non teñen contestación das axudas tan anunciadas pola Xunta de Galicia; o pazo de solicitude destas rematou no mes de decembro e a día de hoxe só recibiron requirimentos de documentación.

En canto aos gandeiros, tramitáronse as solicitudes pertinentes de pastoreo en zonas queimadas no mes de febreiro e tampouco recibiron contestación; necesítase dunha autorización por escrito, non vale que saia a Conselleira nos medios de comunicación dicindo que se lles vai autorizar o pastoreo.

Nestes momentos está empezando a ser crítica a situación xa que os forraxes estanse acabando e non se poden pastorear os pastizais nos que despois teñen que recoller as provisións para o próximo inverno. Coa chegada da primavera teñen que botar os animais aos montes ou vender a maior parte deles se non lles deixan pastorear nas zonas queimadas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo