Veciñanza da Mariña acudirá o próximo día 20 a Compostela a concentrarse diante do Parlamento

Representantes da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña e numerosas veciñas e veciños da Comarca acudirán o vindeiro martes día 20 de Marzo a Compostela ao debate parlamentario no que se tratará no primeiro punto da orde do día a reforma da Lei de Saúde de Galicia.  Integrantes da Plataforma entrarán ao hemiciclo para escoitar o debate , mentres que o resto de asistentes estará concentrado nas inmediacións do Parlamento, en apoio aos grupos políticos da oposición que  defenden a retirada do proxecto de reforma da lei de saúde de Galicia. A concentración está convocada por SOS Sanidade Pública, entidade que aglutina a todas as Plataformas en Defensa da Sanidade Pública .

A Plataforma Sanitaria declarou que  “desexa  facer chegar o seu agradecemento polo inmenso esforzo feito ate este momento .Foron meses do loita moi dura nos que a Comarca se implicou totalmente e foi quen  de  marcar feitos históricos coas masivas mobilizacións que tiveron lugar tanto na Mariña como en Compostela”

Respecto ás declaración feitas polo xerente do Hula, Ramón Ares  na radio en días pasados e en entrevistas na prensa escrita de hoxe , a Plataforma Sanitaria “non se sorprende xa que este forma de actuar ven sendo habitual nel nos días previos ás nosas mobilizacións ou ,como neste caso ,previo á pretensión de aprobar unha reforma da lei de saúde que saben será lesiva para o país”.

 

 

 

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com