Verónica Arias, candidata do PP á alcaldía do Páramo

Os populares lucenses agardan contar co apoio dos veciños do Páramo nas vindeiras citas electorais. De xeito máis inmediato celebraranse as eleccións xerais nas que “España se xoga avanzar pola senda do crecemento da man dun Goberno liderado por Pablo Casado fronte á inestabilidade do Goberno de Sánchez que ata o de agora só amosou desprezo polos lucenses e falta de compromiso coa nosa provincia”.

Igualmente, dende o PP da provincia agardan poder continuar a desenvolver políticas próximas aos veciños dende o Concello do Páramo onde a actual tenente de alcalde, Verónica Arias, será a candidata ante as eleccións municipais de maio. Deste xeito, a edil agarda revalidar a maioría absoluta do PP neste municipio, continuando así co “gran legado que nos deixa Gumersindo Rodríguez”.

Ademais de poñer en valor o traballo do rexedor, do que destaca “o compromiso e unha vocación política incansable”, que o mantivo no cargo durante 36 anos, afirma que o seu obxectivo é “seguir traendo servizos e dotacións básicas para os veciños”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com