Victoria do Ribeira Sacra Breogán que entra en semifinais e empate do Club Deportivo Lugo fronte ao Tenerife

Ribeira Sacra Breogán apelou o pasado venres ao espírito de loita e viuse recompensado cunha grada totalmente entregada no Pazo, e que foi clave para a vitoria por 88-86 dos celestes fronte ao Palencia.
Escoitamos ao adestrador lucense Lisardo Gómez:


O partido tivo tódolos ingredientes para converterse nunha desas citas que non se esquecen: igualdade, tensión, remontadas,canastras sobre a bucina, e mesmo un final de infarto.

Pola súa banda, Club Deportivo Lugo empatou a un na súa visita ao Tenerife.  Os lucenses son décimo cuartos con corenta e seis puntos. Avantaxan en dez puntos os postos de descenso, e atópanse a sete puntos da sexta posición.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo