" />

Victoria para o Club Deportivo Lugo ante o Huelva, á vez que Tino Saqués anuncia unha comparecencia pública prevista o 10 de marzo

O adestrador do Club Deportivo Lugo, Quique Setién, compareceu en rolda de prensa despois do triunfo sobre o Real Club Recreativo de Huelva, 2-1, no estadio Ángel Carro.
Provisionalmente, os lucenses son décimo quintos con trinta e un puntos.
Setién: @CDeportivoLugo

Doutra banda, ante as noticias publicadas nas que se fai mención ao proceso de compra-venda de accións do CD Lugo, e as declaracións a pasada semana do director deportivo do Lugo, Carlos Mouriz, Tino Saqués principal accionista do equipo, anunciou onte nun comunicado de prensa, que comparecerá publicamente o próximo 10 de marzo.

O empresario lucense considera que nestes momentos as valoracións sobre cada unha das cuestións que se manifestaron durante os últimos días sobre o proceso, en xeral, e sobre a súa persoa e a súa empresa, en particular, “deben esperar” ante o momento deportivo no que se encontra o equipo.

Por último, Prone Lugo perdeu 1-9 ante o Inter Movistar, líder da competición, no Pavillón Municipal.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo