VII Edición de artistas e artesáns da comarca de Sarria no Camiño

A Deputada de Cultura, Artesanía e Deseño, Pilar García Porto, e o Presidente da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago da Comarca de Sarria, Jorge López, presentaron este martes a VII Edición de artistas e artesáns da comarca de Sarria no Camiño, que acollerá a antiga Prisión Comarcal sarriana dende o 11 ao 28 de agosto. Está composta por máis de 200 obras de 70 artistas da zona. O organismo provincial colabora na difusión desta mostra, organizada pola Asociación de Amigos do Camiño da Comarca de Santiago en colaboración cas asociacións Palilleiras de Sarria, Sarricanta e Crearte.

García Porto subliñou que “a través desta exposición, acercamos aos milleiros de peregrinos do Camiño de Santiago que pasan polo Concello de Sarria as labores e raíces dos sarrianos, e tamén impulsamos a economía da zona e da provincia, pois espéranse, de media, arredor de 5.000 visitantes”.

Na mostra poderase atopar maquetas dos monumentos do municipio, cadros, pezas de madeira, ferro ou tela, entre outras. Como novidade, o pintor lucense Miguel Torre creará un cadro vivo sobre un “mojón” que representa ao 111 do Camiño en Sarria, para reivindicar o desacordo coa retirada destas antigas sinalizacións. Farao o xoves, 11 de agosto ás 19:00 horas e permanecerá alí ata o remate da mostra para que todas as persoas que así o desexen, poidan participar nesta obra colectiva.

A entrada é libre e totalmente gratuíta. A exposición estará aberta de 17:30 a 20:00 horas todos os días da semana. O 11 de agosto, ás 19:00 horas será a inauguración oficial na antiga Prisión Comarcal de Sarria, na que se presentaran as pezas que conforman a mostra. De seguido, na praza da Igrexa do Salvador haberá unha actuación de Elsa Ferrer e Canco López.

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com