" />

Vilalba Aberta creará un fondo de compensación municipal por danos de lobo e xabaril

Logo da presentación do seu Programa Económico ao completo, Vilalba Aberta vén de facer pública a primeira das medidas que darán forma ao seu Programa Electoral das Parroquias.

A proposta, relativa á creación dun fondo de compensación municipal complementario ás axudas da Xunta por danos de lobo e xabaril nos cultivos e no gando, chega, logo dun traballo continuado da formación, ao longo da lexislatura que remata, en defensa dos veciños afectados por ataques de lobo, así coma diante doutra das problemáticas máis estendidas nas parroquias, isto é: a derivada da explosión demográfica do xabaril.

“Tanto a liña de axudas por danos como a liña destinada á prevención, están a provocar un importante estado de indignación entre os gandeiros e agricultores das parroquias.” Apuntaba na mañá de hoxe o seu cndidato á Alcaldía, Modesto Renda.

A este respecto e “en base ao insuficiente o límite de 1.650€ de indemnización máxima e ás cortinas de fume da Xunta para non valorar con seriedade os danos, incluíndo o lucro cesante“, Vilalba Aberta propón a delimitación dun fondo municipal de reserva que percibirá, con carácter anual, o 0,3€ do total Orzamentario (arredor de 36.000€)

Na mesma liña, e tal e como se especifica no programa da formación, a percepción dunha axuda procedente do fondo municipal, estará vencellada á percepción dunha orde de axuda da Xunta e a cantidade de indemnización representará, no primeiro ano de funcionamento, o 50% do delimitado no baremo para o pagamento preestablecido pola Xunta.

Así, e tal e como explicou Modesto Renda, “se un gandeiro percibe unha compensación de 658€ por un becerro de raza rubia galega ou 73€ por un cabrito de entre 6 e 12 meses, o fondo de compensación municipal reforzará as indemnizacións con 329 € máis polo becerro e 36,5 € máis polo cabrito”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo