Vilalba Aberta propón unha ordenanza sobre protección, benestar e tenza responsable de animais

A asemblea de Vilalba Aberta vén de presentar a que será a segunda das súas iniciativas de cara ao Pleno Ordinario do vindeiro xoves. Un borrador de Ordenanza encamiñada, en palabras do seu voceiro, Modesto Renda, a “protexer, defender e fiscalizar os dereitos dos animais, así como a regular os dereitos e deberes dos seus propietarios e a propia convivencia entre os animais que viven na contorna urbana e rural e os seus habitantes”.

“O feito de integrar un animal de compañía nun fogar debe partir dun comportamento responsable e racional da persoa que se responsabiliza, ademais de conxugar o principio básico de respecto cara a estes seres vivos con capacidade de sentir e de sufrir co principio de respecto á contorna e ás persoas”, sentenciou o edil. E é precisamente neste sentido, onde a súa formación considera imprescindible a regulación dos dereitos e deberes da veciñanza así como a da responsabilidade municipal de desenvolver un traballo de control e pedagoxía social que a vincule no seu conxunto.

O documento, que conta con máis de 45 artigos e outros tantos capítulos e disposicións, comprende diferentes áreas temáticas que versan dende o relativo á tenza e trato ata o protocolo de actuación diante da problemática dos abandonos, e é o froito dunha redacción compartida xunto a colectivos e veciños/as vinculados á loita animalista. Unha proposta ao pleno, inspirada na Declaración Universal dos Dereitos do Animal e que representa unha absoluta prioridade para unha formación de marcado carácter animalista como é Vilalba Aberta.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com