" />

Vilalba acolle unha mostra fotográfica dedicada ao can de palleiro

A Alcaldesa Elba Veleiro e o Concelleiro de Turismo e Comercio, Modesto Renda, acompañaron aos Presidente e Secretario do Clube Can de Palleiro, Juan Carlos Puente e Xosé Manuel Vales, na inauguración da exposición de fotografía “Clube Can de Palleiro. Raza autóctona galega”, celebrada este venres na Casa da Cultura de Vilalba. 

A mostra, coa que este ente asociativo pretende dar a coñecer a raza así coma o traballo e actividades desenvolvidas dende a súa fundación no ano 2002, é concibida polo Concello de Vilalba coma unha primeira colaboración, que se inserta no marco da súa decidida aposta polo turismo de congresos e que, tal e como recoñeceu o edil de Turismo e Comercio, Modesto Renda, agardan “se traduza en que Vilalba poida ser a anfitrioa dunha asemblea xeral de socios, a anual, que rondaría os 400 visitantes ao Concello”

Na mesma liña se pronuncio a Alcaldesa, Elba Veleiro, que agradeceu a predisposición do Clube, trasladando en nome do Concello a “total vontade de colaboración” a fin de que esta sexa “a primeira de moitas iniciativas conxuntas” que teñan Vilalba coma o seu central lugar de celebración.

A exposición poderá visitarse visitarse ata o 17 de Febreiro, en horario habitual da Casa da Cultura

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo