Vilalba pon un autobús para a mobilización en Madrid contra o peche da central das Pontes

O equipo de goberno vilalbés informa á veciñanza de Vilalba de que porá a disposición un autobús este mércores, 16 de outubro, para desprazarse a Madrid en relación coa problemática xurdida da falta de actividade na central térmica pontesa. A manifestación terá lugar diante do Congreso dos deputados, ás 16 horas, polo que a saída desde Vilalba, en concreto da Casa da Cultura, farase ás 9 da mañá, volvendo o mesmo día, aproximadamente ás 2 da madrugada.

Desde o Concello fanse eco das accións promovidas polos traballadores, invitando ao sector hostaleiro e do comercio de Vilalba co fin de que “pechen os seus establecementos de 16 a 18 horas, no transcurso da concentración fronte ao Congreso dos Deputados”.

Segundo vén de subliñar a alcaldesa, Elba Veleiro, “o obxectivo destas reivindicacións é pedir unha transición ecolóxica xusta, así como a posta en marcha dun plan de reindustralización nas comarcas afectadas, para o que precisamos todos os apoios posibles”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com