Visita ao Concello de Guitiriz dos candidatos socialistas

A Secretaria Provincial do PSdeG-PSOE na provincia de Lugo e candidata ás eleccións autonómicas, Patricia Otero mantivo unha xuntanza coa Alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira e cos veciños afectados polo peche do consultorio de Parga. Alí diante deste centro pechado, dixo que “cun Presidente Socialista na Xunta de Galicia nunca se pechará un centro de saúde no rural lucense”.

Otero subliñou que a crise do COVID “evidenciou dun xeito claro a profunda política de recortes do PP de Feijóo na asistencia sanitaria galega nestes últimos anos”. Asemade, a dirixente socialista remarcou que “hoxe máis ca nunca é necesario realizar unha aposta orzamentaria para rearmar a nosa sanidade pública tras 11 anos de recortes e privatizacións, sobre todo tras escoitar as denuncias dos propios facultativos que seguen denunciando recortes con contratos precarios”. Sinalou que as próximas eleccións do 12X “deciden se Galicia a lidera o PP ou un PSdeG que ten proxecto, equipo, ideas e propostas para darlle a Galicia un futuro mellor”.

Pola súa banda a alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, “que xa mantivo contactos cos responsables provinciais da area sanitaria, explicou que “nesta xuntanza pediulles aos representantes do Sergas que cumpran a súa palabra e abran o centro coas mesmas dotacións. As veciñas e veciños de Parga non entenden como é posible que se poidan celebrar eleccións, e non se poida abrir un centro de saúde con tódalas garantías e servizos”

Segundo a alcaldesa, “o propio Sergas anunciou que o consultorio abrirá só para a atención de pacientes crónicos con servicio só de enfermaría. “Por iso demandamos a apertura total do centro tal e como se comprometeron cando se tivo que pechar ao comezo do Estado de Alarma. Este centro sanitario presta un servizo esencial para os veciños e veciñas da zona, polo tanto non se pode pechar”.

Casa da Botica

Otero visitou tamén este domingo en Guitiriz , acompañada dos membros da candidatura ás eleccións autonómicas, os concelleiros socialistas da vila, e máis o deputado no congreso, a Casa da Botica, e comprobaron o estado de execución das obras para construír a residencia de maiores. “É unha dotación social moi demandada polos veciños e veciñas, que mellorará o benestar social e creará emprego sostible”. Afirmou.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com