" />

Visita do CD Lugo aos colexios da cidade

Na mañá de hoxe, o persoal do Club Deportivo Lugo visitaba todos e cada un dos colexios da cidade para volver compartir un tempo de fútbol e diversión cos alumnos de primaria dos centros. Cada xogador, acompañado por persoal técnico, ou preparador de fútbol basee, acudía ao colexio para comunicar unha magnífica noticia aos mozos e mozas que agardaban ansiosos tan esperada visita.

O motivo desta sorpresa non era outro que trasladar ao público máis novo a necesidade de unirse a unha bancada albivermella que cada día presenta máis e máis compoñentes, mostrándose no seu mellor momento do curso. En primeiro lugar, os futbolistas do CD Lugo entregaron a cada alumno unha invitación para o próximo partido, no que o  Lugo medirase á SD Huesca, no último choque da primeira volta. Unha cita ineludible no calendario futbolístico lucense, e que pode terminar na mellor puntuación histórica do club no primeiro período de campionato.

O segundo elemento que os estudantes recibían de mans dos xogadores era a información sobre a nova promoción que a campaña de abonados “Se cómplice dá nosa paixón” ofrece aos máis pequenos. Unha opción dentro das liñas mestras da campaña para as familias, e que permite que un adulto, máis un abonado infantil, consigan os seus abonos por 80 euros. Con opción doutro adulto adicional por 50 euros, e outro infantil por 15 euros.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo