Gran partido o desta maña en Riazor, onde o equipo lucense estivo acompañado de novo por unha impresionante Marea Celeste e no que Osvaldas Matulionis exhibiu un demoledor acerto con 8 triples e 33 puntos.
O equipo lucense dominou durante todo o encontro, pero os laranxas non deron nunca o partido por perdido e loitaron ata os segundos finais. Digno dun gran derbi galego, que prolongará a emoción con, polo menos dous partidos no Pazo dos Deportes de Lugo (venres 21:00 horas e domingo 18:00 horas).