Merecida vitoria do Breogán ante o Lleida

O Breogán consigue un importante triunfo ante o Actel Força Lleida nun encontro con mal inicio para os celestes, que comezaron perdendo de nove, pero que pouco a pouco foron subindo na súa intensidade defensiva e foron remontando. No descanso os de Lisardo Gómez gañaban de sete e xa non volveron a ir por debaixo no marcador, pese aos intentos de remontada do Actel Força Lleida.

Dani López moi acertado nos seus lanzamentos, conseguiu 22 puntos, e Rakoceciv con cinco triples, foron clave nun partido que remataba coa primeira vitoria do ano para o Breogán (72-79).

A próxima cita do Breogán, será o vindeiro domingo día 10, ás 18:00 horas no Pazo dos Deportes, fronte ao líder Quesos Cerrato Palencia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com