Vitoria do Club Deportivo Lugo ante o Sevilla FC

O Club Deportivo Lugo gañou onte ao Sevilla FC no Anxo Carro por dous goles a un, nun partido que dende o comezo os de Milla marcaron o ritmo e a iniciativa, nun encontro aberto e de circulación veloz de balón. Os locais exhibiron máis seguridade que o seu rival pero pese ao seu bo posicionamento e a súa consistencia no xogo, foron os do Sevilla os que se adiantaron no marcador.

A segunda parte arrincou con dous cambios para os locais. Entraban no terreo de xogo Pita e Carlos Hernández por Israel Puerto e Sergio Marcos e o equipo sumaba máis efectivos cerca da área e comezou a chegar con máis perigo á area contraria. Xa rozando o ecuador da segunda parte, Carlos Hernández remataba un servizo de córner e igualaba o marcador.

Milla daba entrada a Ferreiro, J. Pereira e Pedrosa para apuntalar unha dianteira activa que se mantivo ata o final do encontro. O gran partido do Lugo e a valentía no prantexamento tivo como premio, xa nos minutos finais do encontro, cando Pedrosa tras un centro cruzado rematou a gol e deu a vitoria ao Club Deportivo Lugo, que fixo estoupar o Anxo Carro e a unha aflición que vía como o seu equipo se coroaba ante un conxunto de nivel Champións.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com