" />

Volve aumentar o número de casos activos e os contaxios de Covid 19 na provincia de Lugo que supera hoxe, de novo, os 1.100 casos

A incidencia de Covid na provincia continúa en aumento. Pese a baixada de cifras no día de onte, o certo e que a non estabilidade é unha realidade. Neste senso o Sergas informou hoxe de que os casos activosna provincia volven superar, lixeiramente os 1.100. Asemade, nas PCR realizadas ata as 6 da tarde de onte, confirmáronse 60 novos casos, un dato pouco esperanzador que se presenta tras unha xornada na que se rexistraba un notable descenso de contaxios.

A presión hospitalaria continúa en cifras semellantes as do luns. Se onte, informábamos de 41 hospitalizados, hoxe son un menos. 40 persoas que permanecen hoxe recuperándose en centros hospitalarios e outras 7 -as mesmas que onte- na UCI do HULA. 

Con todo, o Hospital Lucus Augusti si acusou un descenso de ingresos en planta. Hoxe conta con tan só 22 persoas ingresadas fronte aos 26 de onte. Ao mesmo tempo, o Hospital da Mariña suma tres pacientes novos, chegando ata os 11 e o de Monforte continúa con 7, os mesmos que en xornadas anteriores.

Dende o inicio da pandemia, na provincia de Lugo xa superaron o virus 4.763 lucenses, tralas 50 altas notificadas nas últimas horas. Doutra banda, son 117 as vidas saldadas pola Covid na área sanitaria lucense.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo