" />

Volve baixar en Lugo o número de infectados onte foron 62

Os últimos datos da Dirección Xeral de Saúde Pública da  Xunta informan que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Lugo é de 520 persoas, 25 menos que onte, en Lugo o total de falecidos é de 11 persoas.
En Galicia ascende a 4.379, deles 954 son da área da Coruña, 520 da de Lugo, 660 da de Ourense, 393 da de Pontevedra, 1.018 da área de Vigo, 591 da de Santiago, e 243 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 165 permanecen en UCI, 819 están en unidades de hospitalización e 3.395 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 333 altas de pacientes e 130 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 21.360.

Galicia ten a taxa de letalide máis baixa de todas as comunidades autónomas de España, cun 2,32% respecto da media do estado que é dun 8,86 %. Tan só as cidades autónomas de Ceuta e Melilla teñen unha taxa inferior, cun 1,96% e 1,61% respectivamente. A taxa de letalidade reflicte a porcentaxe de falecidos respecto dos contaxiados.

 

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Avatar
    Belen Ana
    Abr 02, 2020 - 04:36 PM

    Porque non se fan test como se deberia…

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo