" />

Volve Equigal ao Pazo dos Deportes con actividades durante as próximas tres fins de semana

O Pazo de Feiras e Congresos de Lugo acolle durante as próximas tres fins de semana Equigal 2020, a decimoterceira edición do Salón Internacional do Cabalo de Galicia, que abrirá as súas portas o vindeiro 25 de setembro ata o 27 deste mes, os días 3 e 4, e do 9 ao 12 de outubro, este pazo será o escenario polo que pasarán máis de 300 exemplares, os mellores de raza árabe, galega e española.

Durante estes días haberá concursos morfolóxicos das distintas razas, probas de enganche, concurso de salto de obstáculos e unha competición de raid, unha gran variedade de actividades e probas deportivas, que supuxeron a ampliación a tres fins de semana desta edición de Equigal. A outra gran novidade deste ano é que, debido á Covid-19 e por motivos de seguridade e prevención, Equigal non estará aberto ao público, aínda que si se poderá seguir en directo a través de streaming na canle de youtube Feiras Lugo.

Para a próxima fin de semana, está prevista a celebración do concurso morfolóxico de pura raza española, e de pura raza galega ademais dunha exhibición de doma clásica. O plato forte da seguinte fin de semana, os días 3 e 4 de outubro, será o concurso morfolóxico de
pura raza árabe, puntuable para o Campionato de España, xunto á celebración dunha proba de enganches.

O Concurso Nacional de Salto de Obstáculos de dúas estrelas será, por outra banda, a principal competición prevista no programa do último fin de semana de Equigal. Así, do 9 ao 11 de outubro poderase seguir a citada competición, ademais de asistir o día 12 ao Campionato Galego de Raid, unha proba puntuable para o circuito internacional de raid. A celebración desta competición aínda esta por pechar, e no caso de levarse a cabo será outra das grandes novidades deste ano.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo