" />

Volven a subir o número de casos activos por Covid-19 na área sanitaria de Lugo

12 casos activos máis que onte na área sanitaria de Lugo, elevan o número a 642 nas últimas horas segundo informa a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade. 

En canto a Galicia  o número total de casos activos de coronavirus é de 4.449, tres menos que o venres; deles 1.077 son da área da Coruña, 642 da de Lugo, 689 da de Ourense, 810 da de Pontevedra, 512 da área de Vigo, 555 da de Santiago, e 164 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 35 están en UCI, 201 en unidades de hospitalización e 4.213 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 18.071 persoas curadas, rexistrándose 727 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 459.234.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo