" />

Xa son 54 as persoas infectadas polo Covid-19 en Lugo

Logo dos oito casos diagnosticados nesta últimas horas, Lugo e provincia acadan a cifra de 54 infectados polo coronavirus. Con relación aos datos de onte, 10 persoas, a cifra de novos afectados diarios polo andazo, baixa en dúas persoas.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade da Xunta, informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 721, deles 195 son da área da Coruña, 74 da de Ourense,112 da de Pontevedra, 152 da área de Vigo, 108 da de Santiago, e 26 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 28 permanecen en UCI, 166 están en unidades de hospitalización e 527 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 6 altas de doentes e 12 falecementos. Os tres últimos foron o dunha muller de 68 anos e dous varóns de 93 e 74 anos que estaban ingresados no CHUAC. Todos tiñan patoloxías previas.

O número de probas realizadas é de 4.137.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo