Xavier Díaz e Rosa Cedrón centran a programación cultural de Burela en maio

A Concellería de Cultura burelá presentou na programación para este mes de maio, que xa daba comezo este pasado fin de semana, a actuación, o vindeiro venres, día 11, do grupo Mofa e Befa. O sábado a Coral Polifónica de Burela ofrecerá un concerto para conmemorar o seu trixésimo aniversario e o domingo chegará un novo rastrillo popular solidario e o festival de música e baile de Ledicia. O Concello celebrará o Día das Letras Galegas con varias actividades, entre as que destaca o concerto que ofrecerán Xavier Díaz e as Adufeiras de Salitre ás 19:30 horas na Casa da Cultura.

O concelleiro de Cultura, José Díaz, anunciou que “tendremos este venres a obra de teatro de Mofa e Befa que se chama Cránios privilexiados ou crítica da razón perralleira. É unha obra humorística. Moita xente coñece a Mofa e Befa entonces podemos supoñer que terá unha boa resposta”, asegurou o titular de cultura quen avanzou que a entreada se pode adquirir por 5 euros para o que colabora a Agadic.

O edil burelés seguiu a relatar que “o sábado, día 12,  temos a actuación da Coral Polifónica de Burela que conmemora o seu trinta aniversario. É o Festival das Letras Galegas, con entrada de balde, ás oito e media. Teremos tamén, o domingo, o rastrillo popular solidario que organizamos en Burela cada segundo domingo de mes e esperamos que agora en verán teñamos cada vez máis participación e máis visitantes. Asemade, ese mesmo día, teremos tamén o festival de baile e música tradicional do Grupo Ledicia, ás 5 e media, con entrada de balde”.

O edil de Cultura en Burela declarou que “haberá máis actos, sobre todo enfocados ás festas patronais, organizados a través da comisión de festas dos que xa iremos informando, pero como evento estrela quixemos meter na programación o concerto que irá paralelo ao pregón das festass de Burela. O sábado sobre as 21.30 horas, no auditorio, actuará Rosa Cedrón, un concerto tamén gratuito”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com