A XIX edición do Filandón do Caurel celebrarase o vindeiro domingo 7 de agosto

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou no acto de presentación da XIX edición do Filandón do Courel que terá lugar o próximo domingo, día 7 de agosto, na Ferrería de Seoane do Courel, en Lugo.

Esta celebración aglutina a riqueza musical do Courel cada ano o segundo domingo de agosto nun escenario único no que se citan os tocadores do corno celta, os vellos romances, as cantigas da siega e outras labores así como gaiteiros e músicos que albergan antiquísimas tradicións. Durante o acto, a directora de Turismo de Galicia destacou a labor realizada pola asociación de Amigos do Filandón grazas a cal este festival anual de músicas tradicionais de O Courel vai camiño de cumprir vinte anos de celebración.

Nava Castro explicou que as festas, polas súas características e singularidades e polo seu recoñecemento e prestixio a nivel autonómico, son un recurso que manter e potenciar, xa que a súa celebración supón un importante reclamo de atracción turística. Nesta liña, afirmou que, ademais, engaden importantes accións de difusión turística que constitúen un extraordinario incentivo para as economías locais. “Por todo isto fomentamos a súa difusión e promoción”, asegurou.

 

“Esta nova edición do Filandón do Courel constitúe unha mostra máis de que conservar as nosas tradicións, o noso xeito de vivir e disfrutar de Galicia, é o que nos fai un destino único”, concluíu Nava Castro.

 Festa de Interese Turístico de Galicia

Esta celebración, que conta coa declaración de Festa de Interese Turístico de Galicia, pon en valor a música popular da Serra do Courel e os seus arredores pero ademais inclúe importantes novidades cada ano que outorgan carácter diferenciador a cada edición. Así, neste ano o programa contará tamén coa presenza de artistas internacionais como a libanesa Abeer Nehme.

Así mesmo, a degustación de pan de trigo de Noceda e dos freixós con mel das colmeas do Courel, entre outros moitos produtos desta terra, poñen a guinda a esta exposición de instrumentos tradicionais, discografía e bibliografía popular.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com