Begonte e o Nadal Begonte e o Nadal

XLI Certame de Xornalismo de Begonte

O Xurado calificador dos traballos presentados ao XLI Certame xornalístico Begonte e o Nadal, convocado polo Centro Cultural José Domínguez Guizán, formado por José Ulla Rocha, Alcalde de Begonte; Jesús Domínguez Guizán, Presidente do Centro convocante, Blanca Pacín Somoza, bibliotecaria; Xulio Giz Ramil, xornalista, e José Rodríguez Gómez, Secretario do Centro Cultural begontino, acordou conceder os seguintes premios:

Premio Begonte de Xornalismo, dotado con 600€ e estatuíña de Sargadelos para o traballo titulado Non Crin nos Reis Magos ata os 70 anos, publicado en Galicia Digital por Xosé Manuel Carballo Ferreiro.

Segundo Premio, dotado con 300€ e estatuíña de Sargadelos ao traballo titulado Huellas de peregrino, publicado en Galicia Digital por Pablo Núñez González.

Pola calidade dos traballos, acordase conceder cadansúa Mención de honra, dotada con estatuíña de Sargadelos aos traballos: Camino de vuelta a la fe, publicado en Galicia Digital por Beatriz Valcárcel, co seudónimo “Begontina”; e Gardados no faiado, publicado en Galicia Digital por Xosé Ramón Escourido Basanta.

Os premios serán entregados o próximo sábado, no decurso dos actos de clausura de O Nadal en Begonte.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com