" />

Xornada de estabilidade nos datos da Covid19 cun pulo das altas médicas e un descenso nos postivos detectados nas últimas horas

O último informe do SERGAS sobre as cifras da Covid 19 na nosa provincia vén de revelar unha nova xornada de estabilidade. Malia que en toda Galicia hoxe soben de maneira considerable os contaxios, a provincia está a experimentar un lixeiro descenso que se suma ao aumento das altas médicas o que deixa a Lugo cun total de 173 casos activos, un menos que onte. 

Se ben é certo que hacia finais de semana tenden a aumentar os contaxios, hoxe, venres, a cousa foi diferente. E é que, nas últimas 24 horas, o SERGAS tan só detectou 10 novos positivos, por baixo dos 14 da xornada anterior e, incluso, dos 12 do mércores. Así, a provincia sitúase hoxe como a única área sanitaria de Galicia na que descenden os casos activos de covid.

Pola contra, os datos das altas médicas aumentan considerablemente ao pasar das 7 recibidas por pacientes covid na xornada de onte ás 18 persoas que hoxe xa poden dicir que superaron esta enfermidade e que se unen xa ás máis de 11800 que están curadas dende o inicio da pandemia. 

Os restantes baremos continúan estables. 11 pacientes covid continúan ingresados, 8 en plantas convencionais, 5 no HULA, 2 na Mariña e 1 en Monforte que levaba varias xornadas sen casos covid. Os restantes 3 pacientes están na UCI do Hula. Ademáis, dende o inicio da pandemia na provincia de Lugo 212 persoas faleceron por mor do virus.

E esta medianoite entraron en vigor as novas medidas polo que, dende hoxe, aqueles establecementos de hostalería con licenza de restaurante poderán ofrecer ceas ata as 11 da noite sempre e cando cumpran certos requisitos como ter un aparello de control de CO2 ou levar un rexistro de todos os clientes. Ademáis o toque de recollida queda ampliado na comunidade ata ás 11 da noite.

Doutra banda, cambias as restricións dalgúns concellos. Dende hoxe, estarán en nivel medio de limitacións os concellos de Trabada, Meira e A Pobra do Brollón mentres que Barreiros entra directo no nivel alto. O resto de concellos lugueses quedan xa no nivel máis baixo de restricións.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo