Xornada de mobilizacións en ABANCA pola carga de traballo con “excesivos” obxectivos comerciais

A sección sindical da CIG en ABANCA fai hoxe unha xornada de mobilizacións diante de varias oficinas que a entidade ten na cidade de Lugo para protestar polos excesivos obxectivos comerciais impostos pola empresa á plantilla, e demandando que a carga de traballo se adapte á xornada laboral.

Asemade, os delegados da CIG solicitan a equiparación salarial entre homes e mulleres, actualmente cunha diferencia superior aos 11.000 euros anuais; asemade, a fenda non queda aquí senón que, segundo explican, “ás mulleres se lles esixen obxectivos máis altos” que aos  compañeiros homes.

Do mesmo xeito, o sindicato tamén solicita que se leve a cabo na empresa o Dereito de desconexión un dereito recollido pola Lei Orgánica de Protección de Datos e que a empresa non está a cumprir. Segundo denuncian, a empresa está a ofrecer aos traballadores tablets e móbiles de empresa “cos que pretende que traballemos fóra da xornada laboral”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo