" />

Xornada de prevención de lumes domésticos no parque de Bombeiros de Viveiro

O Parque de Bombeiros de Viveiro, xunto coa Policía Científica da Comisaría viveirense organizan para o vindeiro martes, 4 de febreiro, unha xornada de prevención de incendios domésticos. A iniciativa ponse en marcha para dar consellos e recomendacións á veciñanza, posto que na maior parte das ocasións a clave da seguridade está nunhas boas medidas de prevención.

Comezará ás 20:30 horas na Sala Multiusos do Concello de Viveiro e está aberta a toda a cidadanía, tanto adultos coma nenos, co obxectivo de chegar ao maior número posible de persoas e lograr que se reduza o número de accidentes domésticos que se producen por descoidos ou malas prácticas. Por exemplo, ensinarase como diferenciar un incendio real dun conato ou daranse as claves para tentar apagar de maneira correcta un lume no fogar.

Os encargados de impartir a primeira charla serán o subinspector da Comisaría de Viveiro, Javier Comendeiro, e o xefe do Parque de Bombeiros de Viveiro, José Pulleiro. A proliferación de lumes en cociñas, chemineas e braseiros -sobre todo no inverno- foi a principal causa que motivou que estes dous corpos de seguridade se unisen para desenvolver un conxunto de charlas sobre a importancia da prevención para evitar este tipo de accidentes.

O Parque de Bombeiros de Viveiro forma parte do Consorcio Provincial de Lugo para a prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento, do que forma parte a Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo