" />

Xornal de Lugo representará ao xornalismo dixital da provincia de Lugo no ‘Cocido Day’

O próximo sábado 21 de Marzo celébrase a segunda edición do Día Internacional do Cocido, o #CocidoDay, que xa se move en redes sociais a través de facebook (CocidoDay), twitter (@CocidoDay) e Instagram (CocidoDay).

É un evento organizado por un grupo de xente vinculada ás redes sociais, unha celebración sen motivo aparente que trata de reunir en torno a unha mesa a xente vinculada co mundo 2.0 para comer un bo cocido. En diferentes lugares de Galicia xuntaranse en varias mesas influencers do 2.0 e tamén do 1.0.

O restaurante Aurora do Carballiño acollerá unha mesa con representantes dos medios de comunicación lucenses, e persoas destacadas no eido do blog relacionados coa cociña ou o turismo, organizado por  Laura Camino (@lauracamino2_0), tamén coñecida por Reportuiteo (@reportuiteo) que agora ten unha nueva iniciativa de formación para o 2.0 llamada The Net Room (www.thenetroom.eres), xunto con María Mosquera, Alberto Ribas (@Alvientooo), tamén coñecido por su blog http://maisgrelos. blogspot.com.eres, Frenchi Ouviña (@FrenchyGalicia), xestor de www.reservasdecoches.com, e (@luismaulloa77).

XornaldeLugo.com será o encargado de representar ao xornalismo dixital da provincia de Lugo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo