O xornal dixital Xornal de Lugo continúa reforzando a súa posición como un dos medios de comunicación de referencia no ámbito informativo lucense. As últimas métricas de audiencia amosan unha evolución moi positiva tanto no número de lectores como na presenza nas redes sociais, confirmando a tendencia de crecemento sostido que o medio vén experimentando nos últimos anos.
Segundo os datos correspondentes aos últimos trinta días, Xornal de Lugo acadou unha audiencia próxima ás 120.000 visualizacións, só e Facebook. Unha cifra especialmente significativa para un medio dixital nativo, que non tenta competir cos grandes medios da provincia, pero que está a conseguir unhas excelentes cifras de audiencia, centrado o seu traballo na información local e comarcal. Ademais, o periódico rexistrou neste mesmo período unha maior fidelización da súa comunidade lectora e unha crecente capacidade de chegar a novos públicos.
Este aumento representa a maior subida de audiencia dende a fundación do medio hai xa trece anos, un fito que a dirección do xornal interpreta como unha mostra da confianza que os lectores depositan nun proxecto informativo independente, comprometido coa actualidade de Lugo e coa información de proximidade.
Outro dos indicadores que reforzan este bo momento é o crecemento da comunidade dixital do medio. Xornal de Lugo está xa preto dos 10.000 seguidores nas diferentes redes sociais, unha cifra que consolida a súa presenza nas principais plataformas e que lle permite ampliar o alcance das súas informacións máis alá da propia web.
As métricas confirman, ademais, que Xornal de Lugo ocupa un lugar destacado dentro do ecosistema de xornais dixitais nativos da provincia, mantendo unha liña editorial centrada na información local, social, cultural e política de Lugo. O incremento da audiencia tamén reflicte unha maior demanda de información inmediata e de calidade por parte da cidadanía, especialmente a través dos soportes dixitais.
Dende o medio destacan que estes resultados son tamén consecuencia dunha aposta continuada pola actualización constante dos contidos, pola cobertura da actualidade lucense e pola proximidade cos lectores. O obxectivo, aseguran, segue sendo consolidar un modelo de comunicación próximo, plural e adaptado ás novas formas de consumo informativo.
Con estes datos, Xornal de Lugo encara os próximos meses cunha perspectiva optimista, mantendo o reto de seguir medrando e fortalecendo a súa conexión coa sociedade lucense e coa diáspora galega que segue a actualidade da provincia a través das plataformas dixitais.





