" />

Xornal de Lugo seguirá o día a día de Brath en Moscú

O grupo Brath deixa hoxe Lugo para comezar un periplo de 4 días no que cruzarán Europa para representar ao Estado español no Euroradio Folk Festival 2018, que este ano terá lugar en Moscova (Rusia).  Brath, con 38 anos de traxectoria musical, participará como único representante do Estado neste espectáculo, cun concerto de preto dunha hora de duración.

Dende Xornal de Lugo, seguiremos día a día a súa viaxe para informar de todas as novidades que traia consigo o grupo de folk galego.  Brath, elixido por RNE para acodir a este festival, conta coa colaboración de Agadic da Xunta de Galicia e AIE.

Euroradio Folk Festival 2018 terá unha duración de tres días dende o sábado 26 ao luns 28 de maio e nel participarán artistas de 17 paises. O Euroradio Folk é o equivalente a Eurovisión que, centrado na diversidade cultural de Europa, ofrece un concerto de preto dunha hora de duración de cada unha das agrupacións participantes.

Este ano o festival conta coa participación dun cuarteto de corda e percusión proveñente de Corea do Sur e, por primeira vez na historia do Euroradio Folk, unha orquestra de música tradicional China que toca unha especie de laud denominado ruan, que se considera un dos instrumentos máis antigos desta cultura.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo