Xornal de Lugo Xornal de Lugo

XornaldeLugoTV enfrontará aos voceiros provinciais nun novo debate

Tras unha pasada semana de debates en streaming no noso Facebook, Xornal de Lugo abriu a semana coa publicación de diversas entrevistas aos candidatos dalgunhas das principais agrupacións locais. Así, na nosa canle XornaldeLugoTV xa se poden ver as entrevistas completas aos alcaldables de Lugonovo (Xosé Chorén), de Podemos (Josito Pérez) e de ACE-EU-EQUO (Carlos Portomeñe), que estarán dispoñibles nesta mesma páxina na súa versión resumida a partires de mañá.

Pero como non todo é dar voz aos candidatos municipais, Xornal de Lugo organizará un novo debate, esta vez cos voceiros provinciais que, nestes intres, forman parte da Deputación Provincial. Así, mañá, mércores, estarán en directo para as cámaras de XornaldeLugoTV, o Secretario Xeral do PSdeG e Voceiro do goberno provincial, Álvaro Santos; a presidenta do PP na provincia de Lugo, Elena Candia; e o deputado non adscrito, Manuel Martínez.

Este debate no que desmigarán a pasada lexislatura e porán enriba da mesa as liñas programáticas de cara a unha nova, poderáse ver en streaming no noso Facebook dende as 18 horas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo