" />

Xosé Chorén: “Somos a forza útil que contrapesa a un goberno incapaz de xestionar políticas diarias”

O candidato á alcaldía de Lugonovo, Xosé Chorén, estivo na tarde de onte ante as cámaras de XornaldeLugoTV para amosar un pouco máis do seu programa de goberno. Entre as liñas máis sobranceiras da formación, o acaldable resaltou a accesibilidade, a recuperación de vivendas ou a participación cidadá, tres eixos fundamentais que porán enriba da mesa en caso de ter que apoiar, como fixeron nas pasadas eleccións, a investidura dalgún outro grupo.

Non confían nas enquisas que se foron publicando nos diferentes medios pero si fan na súa candidatura, coa que apostan “por un goberno de esquerdas que garanta o desenvolvemento do noso programa”.

Chorén puxo tamén de relevo o apoio da formación ao Goberno de Lara Méndez fai catro anos, tanto no apoio para a investidura como na aprobación dos primeiros orzamentos, pero “topámonos con que o proceso de negociación foi indo cada vez a menos; temos un documento asinado pola edil de Economía, Ana Prieto, onde, a cambio da aprobación dos orzamentos, ela se comprometía a eliminar todos os contratos caducados no Concello de Lugo, naquel momento había sete, deses sete hoxe hai 44 contratos caducados”, explicou Chorén quen asegurou “ben valeu que Lugonovo non apostou pola política e pola xestión de Lara Méndez”.

O de Lugonovo amosouse confiado de que a súa formación entre no goberno e aseguran que son “a forza útil que pode resolver cousas que contrapesen a un goberno incapaz de xestionar a política de día a día”.

Se quere saber máis sobre as políticas programáticas da formación asamablearia Lugonovo, e escoitalas en boca do seu candidato, non se esqueza de pasar pola nosa canle de Youtube, onde tamén poderá ver a entrevista ao completo.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo