Xosé Otero Canto, primeiro premio do Certame de Poesía natalicia de Begonte

Xosé Otero Canto foi elixido hoxe como o primeiro premiado do XLIII Certame de Poesía sobre o Nadal, de Begonte ‘José Domínguez Guizán’. Así o deu a coñecer, no edificio administrativo da Xunta, o xurado do concurso formado polo Presidente do Centro Cultural begontino, Jesús Domínguez Guizán; o escritor Xavier Rodríguez Barrio, e o xornalista, Xulio Xiz Ramil.

O premio, dotado con 600 € e unha estatuíña de Sargadelos, concedeuse á obra Lenda do Boedo e do non Nado, presentada co lema Incognitus, por Xosé Otero Canto, de Lugo. O segundo premio, dotado con 300 euros e unha estatuíña de Sargadelos concedeuse ao poema Pavana de Nadal, presentado baixo o lema Clara Campoamor,  por Laura López Esteban, de Lugo.

Asemade, o xurado acordou conceder unha mención de honra dotada dunha estatuíña de Sargadelos, á obra Un Belén que nunca pecha, do autor residente en Vilalba Carlos López Fernández e que se presentou co lema  Gaiferos de Mormaltán, pola calidade da obra.

Mostra do Certame de Arte

Noutro senso, a Casa da Cultura de Begonte, inaugurou onte a exposición formada polas 25 obras presentadas ao XIX Certame Galego de Arte convocado polo Centro Cultural ‘José Domínguez Guizán”, impulsor do Belén de Begonte. A mostra permanecerá aberta, no horario da Casa da Cultura, ata o próximo 25 de xaneiro. Igualmente se expoñen os traballos premiados no Certame de Debuxo infantil sobre O Nadal.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo