A Xunta adxudica unha vivenda en Lugo, en réxime de alugueiro, a unha familia con dificultades socioeconómicas

A Comisión Provincial de Vivenda de Lugo estudou o caso e propuxo a adxudicación directa da vivenda, en réxime de alugueiro.

 A Xunta avanza deste xeito no cumprimento do Plan rehaVita, que está a reforzar as medidas destinadas a garantir un fogar as familias máis desfavorecidas. Así, estas solucións non só se dirixen a aquelas persoas que non poden afrontar o pago do alugueiro ou hipoteca da súa vivenda, senón que tamén se ofrece colaboración a outros problemas de índole social.

 A Consellería de Infraestruturas e Vivenda lembra que está a dar resposta a todas as familias que solicitan axuda. Neste sentido, no último ano multiplicáronse os esforzos para achegar solucións ás persoas en situación de risco, mediante novos programas de axuda como o Bono de Alugueiro social ou os convenios con entidades financeiras.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com