" />

A Xunta apoia tres eventos musicais na provincia

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, expuxo esta tarde os tres eventos musicais de gran magnitude que terán lugar na provincia grazas as achegas directas da Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic). En concreto os apoios totais superan os 71.400 euros.

Trátase de tres festivais amplamente consolidados e que gozan dun amplo respaldo entre o público. De feito en Galicia, o que maior puntuación obtivo da comisión de valoración, foi o Resurrection Fest, de Viveiro, ao que achegan 50.000 euros. Tamén reciben axudas o FIV de Vilalba con 16.940,64 euros e o XXVI Festival de jazz de Lugo cunha achega de 4.482,78 euros.

As achegas da Xunta buscan apoiar a labor dos organizadores e así contribuír á consolidación dun mapa galego de festivais de carácter profesional, así como a dinamizar a contratación artística e a creación de públicos nestes sectores culturais.

As axudas outórganse polo procedemento de concorrencia competitiva e cada unha das solicitudes foi avaliada, de acordo co baremo especificado nas bases, por unha comisión da que formarán parte expertos independentes.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo