" />

A Xunta convida aos concellos da Comarca de Lugo a participar no Plan de Sendas de Galicia

A Xunta convida aos 8 concellos da comarca de Lugo a participar na elaboración da segunda fase do Plan de Sendas de Galicia trasladando as súas actuacións prioritarias. A Consellería de Infraestruturas e Vivenda remitiu esta semana escritos aos concellos de Lugo, Rábade, Friol, Guntín Portomarín, Castroverde, Outeiro de Rei e O Corgo, solicitando que remitan información á Xunta sobre os itinerarios que consideran que se deben executar ao abeiro deste plan autonómico.

O Plan de Sendas de Galicia é a folla de ruta coa que a Administración autonómica quere avanzar na seguridade viaria e a protección dos usuarios máis vulnerable das estradas, fomentando ao mesmo tempo unha mobilidade sustentable, de acordo cos obxectivos da Unión Europea de promoción da economía baixa en carbono.

Nese marco, a Xunta prevé a construción de 170 novos quilómetros de sendas peonís e ciclistas seguras, sustentables e integradas na paisaxe nas estradas de titularidade autonómica, para facilitar que os veciños das vilas realicen os percorridos cotiáns a equipamentos e servizos sen usar o coche pero en condicións seguras.

Contarase para elo co cofinanciamento da Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Estas actuacións teñen beneficios para as persoas, ao velar pola súa seguridade e tratar de fomentar hábitos máis saudables; para as vilas, supoñendo menor conxestión de vehículos en tramos saturados e novos espazos de tránsito; e para o medio, buscando menos contaminación acústica e mellorando a calidade do aire, ao reducir a emisión de gases contaminantes.

A elaboración deste Plan partiu dunha análise global do territorio de toda a comunidade, priorizando aquelas comarcas nas que actuar primeiramente, segundo una serie de parámetros como: a situación dos núcleos de poboación, os servizos e os equipamentos, o tráfico e a siniestralidade que rexistra cada treito da estrada, a orografía e as pendentes do terreo, o clima, a facilidade de implantación, ou a posibilidade de conectar con percorridos xa existentes.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo