" />

Xunta e traballadores de Alcoa cordan instar a goberno e empresa que garantan un futuro para a planta

O comité de Alcoa mantivo hoxe unha xuntanza co conselleiro de Economía, Emprego e Industria en funcións, Francisco Conde, para avaliar a situación actual e como afrontar os próximos días de cara a atopar unha solución para o mantemento do emprego e da actividade. Así, Xunta e traballadores acordaron solicitar a Alcoa que desista de seguir adiante co ERE para que todas as partes implicadas poidan reunirse na mesa onde identificar unha saída que dea continuidade á planta.

Conde declarou que “o Goberno Galego reproba a actitude tanto do Executivo central como da empresa, para chegar a un entendemento: gardamos que non haxa un acordo encuberto entre o Goberno e Alcoa para pechar”. Neste sentido, Conde pediu “transparencia ao Executivo xa que recibiu máis propostas de compra e incidiu na necesidade de contar cun prezo eléctrico estable e competitivo que garanta a viabilidade da planta” e  engadiu: “Cun prezo eléctrico competitivo Alcoa San Cibrao é viable, sen el non hai posibilidades”, asegurou. Por iso, reiterou a petición da Xunta de convocar a mesa industrial con todas os axentes para coñecer, con transparencia, a información que ten o Goberno e para que este ofreza certezas tanto no eido enerxético como no das ofertas recibidas.

En canto á multinacional, Conde incidiu en que estamos ante un novo contexto no que existe un posible comprador que fai necesario que se retire o ERE e non se paren as cubas para poder explorar esta oferta. Así, tal e como informou, hoxe mesmo a Autoridade laboral presentará unha advertencia para intentar paralizar o ERE. “A Xunta non vai admitir esta situación e impulsaremos as medidas que permitan paralizar a posición de Alcoa”, anunciou

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo