A Xunta facilita o negocio dos autónomos con dúas ferramentas novedosas

José Manuel Balseiro, delegado territorial da Xunta en Lugo, presentou esta mañá na cidade as dúas novas ferramentas coas que o executivo autonómico aspira a facer de Galicia a comunidade con mellores apoios para os autónomos: o bono e a oficina do autónomo. Balseiro puxo en valor estas iniciativas que farán que traballar por conta propia sexa cada vez menos difícil.

O bono autónomo beneficiará aos que queiran consolidar o seu negocio con axudas de ata 3.000 euros e está destinado a aqueles traballadores por conta propia, cunha antigüidade mínima de 42 meses e unha facturación de entre 12.000 e 30.000 euros.

Os beneficiarios do bono autónomo poderán optar por financiar diversos servizos, entre eles a mellora da xestión financeira, a captación de financiamento a optimización de procesos de produción e cadea loxística, relanzamento comercial, imaxe e comunicación; posicionamento web, márketing, redefinición do modelo de negocio, identificación de posibles socios ou creación de redes de cooperación.

Ademais os autónomos disporán de servizos gratuítos de apoio, que prestará a Rede de Técnicos de Emprego ou do Igape.

A Xunta tamén impulsará a Oficina do Autónomo, unha xanela virtual para que os autónomos poidan alixeirar ao máximo posible a carga burocrática. Esta Oficina está dispoñible a través da web oficinadoautonomo.gal, onde cada traballador por conta propia poderá coñecer o estado dos expedientes que teña abertos coa Administración.

Balseiro destacou que estas dúas medidas forman parte dun catálogo moito máis amplo, o da Estratexia Autónomo 2020, para o que se ten previsto destinar 40 millóns de euros anuais ata 2020 a impulsar os autónomos nesta etapa de recuperación económica.

O delegado territorial sinalou tamén que cando se coñeza a tarifa plana que aprobará o Goberno central ao abeiro da nova Lei de autónomos, o Goberno galego ampliará os beneficios dos traballadores por conta propia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com