" />

A Xunta inviste 59.000 euros na mellora de accesibilidade, imaxe e servizos da estación de autobuses

A Delegada Territorial da Xunta, Raquel Arias, supervisou hoxe as obras de mellora que se están a acometer na estación de autobuses de Lugo, e que se enmarcan dentro do Plan Renove que está a desenvolver a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas para modernizar a rede de estacións de transporte público por estrada da comunidade autónoma.

As obras, adxudicadas á empresa Sergonsa Servicios, S.L. por importe de 59.033,79 euros, contemplan actuacións tendentes a mellorar as dependencias, as condicións de accesibilidade -para adaptarse ás novas normativas- e a sinalización, tanto exterior como interior.

A delegada afirmou que son unhas obras “pensadas para mellorar a accesibilidade dos usuarios, achegarlles máis e mellor información, coa nova sinalización e os paneis electrónicos e ampliar o confort das instalacións”.

Así, no que respecta a accesibilidade, estase a proceder a eliminación dos chanzos existentes na entrada lateral da estación e na entrada á zona comercial e de oficinas, mediante a execución dunha rampla; e a colocar apoios isquiáticos na dársena, entre outras actuacións.

No que atinxe ao edificio, ademais do seu pintado exterior, a actuación inclúe a limpeza do cartel da entrada principal e a canalización do cabo eléctrico; a mellora da drenaxe da cuberta da entrada principal; a reparación da corrosión dos piares metálicos da estrutura da dársena; a renovación das luminarias e a reparación dos bancos e obras menores na zona de aseos.

Ademais, estanse a colocar paneis electrónicos que informen das saídas e chegadas dos autobuses, así como a mellorar a sinalización interior.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo