" />
10,00 h.- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, e a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, asistirán á presentación da xornada Civil UAVs Initiative: licitacións abertas da fase solucións. Na Axencia Galega de Innovación, GAIN (Airas Nunes s/n). foto xoán crespo 11/09/17

A Xunta inviste en Rozas 11 millóns para mellorar servizos públicos a través da innovación

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, e a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, interviron esta mañá nunha xornada sobre as licitacións abertas na fase de solucións do polo de Rozas, que suman preto de 11 millóns de euros e que permitirán mellorar a prestación de servizos públicos desenvolvendo tecnoloxías que empreguen vehículos aéreos e barcos non tripulados.

Tal e como destacou na súa intervención Conde, o obxecto das cinco licitacións da Axencia Galega de Innovación (GAIN), que hoxe se presentaron e ás que se destinan 7,2 millóns de euros, é resultado dun intenso proceso de consultas e de participación público-privada no que interviron máis de 200 empresas galegas de perfil innovador.

En concreto, estes contratos permitirán, entre outras aplicacións, realizar unha mellor xestión do Catastro en Galicia; identificar usos do solo; mellorar a xestión de diferentes infraestruturas; optimizar a xestión da auga e das mareas vermellas nas zonas de marisqueo; ou incrementar a seguridade da frota pesqueira. A previsión é que no mes de outubro se sumen a estas licitacións dúas máis centradas na xestión e control forestal e a seguridade aérea, cun investimento de 6,7 millóns de euros. Así, prevese que no primeiro semestre de 2020 estean entregadas e aprobadas as solucións seleccionadas neste primeiro paquete de licitacións.

A estas cinco licitacións, abertas á presentación de propostas, hai que sumar as tres xa publicadas pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), vinculadas a un sector tan importante para Galicia como o agrario, e centradas no control automatizado e intelixente da actividade agraria asociada ás axudas da política agraria común (PAC); nunha plataforma para procesar a información das parcelas agrarias galegas; e nun sistema de xestión de información xeorreferenciada para o control da actividade agraria en Galicia.

Así, pódese falar de preto de 11 millóns de euros en licitacións xa publicadas, o que, tal e como salientou Conde, “demostra o nivel de implicación das Administracións no campo dos avións non tripulados para uso civil”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo