" />

A Xunta leva a Cervantes sesións informativas sobre axudas para afectados polo lume

A Delegación territorial da Xunta en Lugo quere chegar aos afectados polos incendios coa máxima axilidade e rapidez e por iso organizou e promoverá sesións informativas sobre as axudas para a reparación e compensación dos danos provocados polos lumes que hoxe publica o Diario Oficial de Galicia (DOG).

A primeira das xornadas informativas terá lugar mañá mesmo, martes 31 de outubro, ás 20 horas, na Escola de Doiras, emprazada no termo municipal de Cervantes, lugar escollido por ser o concello que sufriu con maior intensidade a vaga de lumes. Neste encontro técnicos das distintas consellerías explicarán, nunha sesión aberta a todos os afectados polos lumes, as axudas que os distintos departamentos autonómicos teñen en marcha para compensar os danos en vivendas, explotacións agrarias ou infraestruturas particulares, entre outros.

A Delegación Territorial ten previsto promover esta actividade noutros puntos da provincia tamén afectados polos lumes e, ao longo dos vindeiros días dará conta do calendario de charlas. De xeito complementario desde a Delegación Territorial convocouse mañá mesmo aos alcaldes do concellos afectados para informalos tamén das axudas ás que poden acollerse as administracións locais.

Ademais, habilitarase unha liña específica e gratuíta que estará operativa todos os días da semana, sábados e domingos incluídos, das 8.00 ás 22.00 horas. A través do número de teléfono 900 81 54 00, a Xunta ofrecerá unha atención especializada ás persoas damnificadas, asesorándoas tanto nas súas relacións coas correspondentes compañías aseguradoras como na preparación da documentación necesaria para presentar as solicitudes das diferentes liñas de axudas. A orde de convocatoria de axudas publicada hoxe prevé un investimento de máis de 11 millóns de euros.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo