" />

A Xunta limpa 50 vertedoiros incontrolados en sete concellos da provincia

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio desenvolveu diversos traballos de limpeza en medio centenar de puntos de vertedura incontrolados situados en sete concellos da provincia de Lugo, que sumaron un investimento de máis de 330.000 euros.

Os traballos consistiron na recollida, clasificación e retirada do material, e na revexetación mediante o estendido de terra vexetal e hidrosementeira. Con esta acción, a Xunta quere colaborar cos concellos no cumprimento das obrigas municipais en materia de residuos urbanos.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, visitou hoxe no Carqueixo unha das áreas da capital nas que se traballou para erradicar un punto de verquidos. En Lugo, actuouse en total en seis depósitos situados no camiño das Graveiras, o polígono das Gándaras e Abella, ademais do Carqueixo.

Igualmente, no concello de Guitiriz elimináronse catro puntos de verquido, cinco no da Pastoriza, once en Monforte de Lemos, nove en Palas de Rei, seis en Sober e oito en Monterroso. O material que se adoita a localizar neste puntos de vertedura incontrolados son obxectos domiciliarios, restos de vidro, plásticos ou pneumáticos e mestura de residuos de construción.

A limpeza destes puntos permite minimizar e corrixir os impactos orixinados, logrando a integración do lugar co seu entorno, reportando claras melloras dende o punto de vista estético e medioambiental. Ademais, axuda a eliminar o hábito de seguir depositando lixo nestes lugares.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo