" />

A Xunta remodela a Avenida da Mariña, en Foz, con 590.000 euros

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, vén de rematar as obras de remodelación integral e reorganización do tráfico da Avenida da Mariña, en Foz, que supuxeron un investimento total de 590.000 euros.

Trátase dunha actuación executada dentro do Plan Hurbe nunha das principais vías de acceso e centro neurálxico da actividade comercial e económica da vila, polo que estes traballos supoñen unha mellora na calidade de vida dos veciños, que recuperan, deste modo, un espazo público de integración. Así o manifestou a responsable do  departamento autonómico, Beatriz Mato, tras visitar a zona xunto co rexedor local, Javier Jorge Castiñeiras, a quen lle trasladou a importancia de fomentar a cooperación institucional co obxectivo de avanzar “xuntos” cara a un urbanismo responsable, sustentable e participativo.

Durante a súa visita a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio destacou o bo ritmo dos traballos, que permitiron finalizar a execución seis meses antes do previsto. Deste xeito, os veciños xa poden facer uso das novas zonas habilitadas para aparcamento, espazos verdes e peonís. Igualmente, salientou as melloras realizadas tanto no eido da seguridade viaria e reorganización do tráfico, así como na recuperación dos espazos públicos de integración co fin de acadar unha contorna urbana de calidade.

Así, dotouse a Avenida da Mariña de novo mobiliario urbano, renovouse a iluminación, e executouse unha nova pavimentación das beirarrúas e as calzadas para evitar os desniveis e lograr unha mellor accesibilidade. Tamén se aumentaron as zonas verdes mediante a creación dun paseo arborizado e se estableceron novos espazos de estancia para os peóns. Por último, dotouse a rúa de zonas de aparcamento en fila cun ancho de 2,5 metros a ambos laterais da vía, agrupados en 3 ou 4 prazas e intercalando illotes co fin de evitar a masificación de vehículos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo