A Xunta solicita ao Concello catro licenzas de obra para rehabilitar edificios da Tinería

A Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), solicitou do Concello de Lugo licenza de obras para a rehabilitación de dous edificios emprazados no barrio da Tinería. Ademais, o Goberno galego solicitou outras dúas licenzas para o saneamento doutros dous edificios.

En concreto, a Consellería de Infraestruturas e Vivenda solicita licenza de obras para a rehabilitación dos edificios emprazados na rúa Tinería 30 e en Recanto do Miño 17 co obxectivo de que, unha vez obtida a licenza, se poidan licitar as obras de rehabilitación de ambos. Ao tratarse de obras directas do IGVS é imprescindible contar coa licenza municipal de obras para poder licitar a execución das mesmas.

Segundo o proxecto redactado, en Tinería 30 obteranse dúas vivendas de un dormitorio e un local na planta baixa, mentres en Recanto do Miño 17 obterase unha vivenda dun dormitorio.

En total prevese un investimento de preto de 390.000 euros, máis IVE, para a rehabilitación de ambos edificios. A Xunta tamén solicitou licenza para proceder á limpeza interior do edificio emprazado en Recanto do Miño 13, co obxectivo de proceder de inmediato á licitación do proxecto de rehabilitación.

Finalmente, o Executivo autonómico solicitou licenza municipal de obras para proceder á contratación urxente das obras de desmonte de elementos inseguros e adopción de medidas de seguridade no edificio emprazado no Carril dos Fornos 16.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com