Xuntanza do Presidente do PP Alberto Núñez Feijoo coa cúpula de Lugo

O presidente da Xunta e do PP de Galicia reuniuse esta mañá cos máximos representantes do PP de Lugo, para analizar os resultados acadados nas ultimas eleccións municipais. Segundo informou, ten previsto manter estas xuntanzas tamén nas outras provincias.

Os resultados conseguidos polo populares en Galicia, onde perderon, a día de hoxe, as alcaldías de todas as grandes cidades así como as deputacións de A Coruña e Pontevedra, aínda sendo a forza máis votada, abriu un escenario moi preocupante para o Presidente da Xunta, pois con estes resultados  perderían tamén o goberno galego.

Núñez Feijoo necesita recuperar os votantes perdidos para axudar a Mariano Rajoy a gañar as vindeiras eleccións xerais e para asegurarse uns bos resultados nas autonómicas. Polo que se non consigue  unhas cifras digamos satisfactorias, quedaría nunha situación moi feble de cara a dar o salto á política do estado, que é a súa meta.

Para conseguilo, unha das primeiras cousas que debe facer e esquecerse das liortas que mantén con algúns varóns provinciais, nomeadamente co presidente do PP de Lugo José Manuel Barreiro e o de Ourense  José Manuel Baltar. Moito terán que traballar Núñez Feijoo e o seu escudeiro e número dous da Xunta e do partido Alfonso Rueda para restañar feridas. Non hai que esquecer que no caso de Lugo, a importante baixada de votos derivou do conflito xerado polo anuncio da conselleira de sanidade de que o hospital de Lugo non ía contar con servizos como o da hemodinámica, isto sen dúbida fixo que a lista de Castiñeira perderá moitos apoios.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com