" />

Xuventude conmemora a Semana Mundial da Auga cunha andaina pola Miño

Unha andaina polo Miño que percorrerá sendeiros integrados nas sendas fluviais da cidade, pretende chamar á reflexión da mocidade sobre a importancia de protexer a natureza. O guía local Guido Álvarez Parga será o encargado de conducir a actividade na que gozarán dun especial protagonismo os barrios da zona Muramiñae. A área de Xuventude, que dirixe Ana González Abelleira, remata agosto cunha nova andaina pola sostibilidade, dirixida á mocidade do municipio. Concretamente, terá lugar este sábado, 29 de agosto, coa que, ademais, se aproveita para conmemorar a que sería a Semana Mundial da Auga, cancelada polo covid. “En homenaxe a esa Semana Mundial da Auga percorreranse sendeiros e camiños moi relacionados con ela”, referiu a edil ao tempo que indicou que o guía local Guido Álvarez Parga, encargado de dirixir a actividade, acompañará ás e aos participantes nun itinerario que, por vez primeira nas Andainas Pola Sostibilidade, atravesará o histórico barrio do Carme. Unha contorna seleccionada por ser aquí onde nace o Regueiro das Hortas, afluente do Miño, ao que se seguirá na súa senda polos barrios Muramiñae para logo adentrarse polas corredoiras das beiras do río, dende As Saamasas ata a zona do Colexio Galén, regresando ao punto de inicio a través de localizacións senlleiras da cidade que predispoñen á reflexión sobre a importancia de protexer a natureza e os recursos fluviais dos que dispoñemos. A concelleira de Xuventude lembrou que o número de prazas para esta camiñada é de 25 e a hora de saída é ás 10:30 horas, no Parque Rosalía de Castro, diante do busto da escritora. As mozas e mozos interesados en participar poden inscribirse a través do enderezo xuventude@lugo.gal, facilitando o nome, apelidos, data de nacemento e teléfono, achegando, con carácter obrigatorio, foto ou fotocopia do DNI/NIE/PASAPORTE. As e os menores de idade irán acompañados por unha persoa adulta.

A participación en cada andaina, que é gratuíta, seguirá a seguinte orde de prioridade e por rigorosa orde de inscrición: 1. Mozos e mozas de 14 a 35 empadroados no Concello de Lugo (achegando declaración responsable de empadroamento, que o Concello poderá comprobar). 2. Mozos e mozas de 14 a 35 anos, que traballen ou estuden no municipio de Lugo (achegando copia do contrato de traballo ou matrícula do centro educativo regrado no que estuda). 3. Mozos e mozas de 14 a 35 anos que residan en municipios limítrofes. 4. E, sempre e cando queden prazas vacantes, resto de poboación non superando o 10% de prazas ofertadas en cada actividade.

As charlas de masterclass online de nutrición que se celebrarán todos os mércores ata o 7 de outubro

O ciclo de masterclass online de nutrición que puxo en marcha a área de Xuventude continúa mañá cunha sesión que afondará en diversos trucos para non caer nin sucumbir a antollos.

A dietista-nutricionista Ángeles Novo é a encargada de dirixir este ciclo, que contempla distintas charlas, de xeito telemático, coas que o Concello busca ofrecer aos rapaces e rapazas educación nutricional e crear unha contorna saudable, dado que,  cada vez máis, as persoas mozas estanse desligando da dieta mediterránea e a inxesta de alimentos locais ou de tempada estase vendo diminuída en detracción dos produtos ultra procesados e a comida precociñada.

Nas vindeiras semanas trataranse os mitos nutricionais, como mellorar o sistema inmune coa alimentación, almorzos, ceas e picoteos saudables e receitas doces.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo