" />

Xuventude inicia unha campaña orientada á prevención de adiccións entre a mocidade

Este pasado martes 8 de xuño en horario de tarde a facultade de Veterinaria de Lugo acollía a presentación dunha nova campaña que o Concello de Lugo, a través da área de Xuventude, esta levando a cabo e que inclúe actividades de Prevención de Drogas dirixidas e orientadas á mocidade, dentro da programación do +Xti, subvencionada polo Plan Nacional sobre Drogas. Á mesma asistiron o concelleiro de Xuventude, Mauricio Repetto; Montserrat  Valcarcel, vicerrectora de coordinación e o adxunto ao vicerrectorado de coordinación do campus de Lugo para estudantes, internacionalización e servicios Jesús Varela.

O programa de sensibilización e información con relación ao consumo de substancias contará con 8 sesións informativas fraccionadas en xornadas de mañá e tarde, que contarán coa presenza dunha educadora social.

Para a realización desta actividade contarase cun punto de información sobre alcohol , outras drogas e adiccións en xeneral que ofrece a área de Prevención de Drogodependencias do  Concello de Lugo, así como dos perigos do consumo de alcol e outras drogas onde tamén se entregarán obsequio a través dinámica para agasallar aos partcipantes nas xornadas de infromación e sensibilización nestas sesións Todas as actividades que dende a concellería se levarán a cabo realizaranse seguindo a normativa sanitaria vixente.

Con esta iniciativa, dende a área de Xuventude pretendese concienciar aos máis novos dos perigos das drogas e outro tipo de sustancias.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo