" />

Xuventude pon en marcha, unha nova campaña de sensibilización sobre a venda e o consumo de alcohol

Mauricio Repetto, responsable da área de Xuventude presentou este martes unha nova campaña de sensibilización sobre a venda e o consumo de alcohol na mocidade enmarcada  na programación do +Xti, organizada polo Concello e subvencionada polo Plan Nacional de Drogas,co obxectivo de facer un chamamento á reflexión sobre a responsabilidade individual  e colectiva que todos temos ante  los problemas relacionados co consumo de alcohol,  incidindo no fácil acceso que  teñen os menores para adquirir bebidas alcohólicas.

A campaña publicitaria, presentouse este martes en Gadis CEAO na que estivo presente  Gonzalo Corredoira, Delegado de Lugo e Antonio Cortés Director  RSC e tamén en Vegalsa-Eroski no centro situado na Milagrosa á que asistiu Pedro Fraga, zefe de zona.

Mediante displays de publicidade en interior e exterior, aplicacións en redes sociais e vídeos para o seu uso pretendemos facer “unha chamada á acción ás familias, vendedores, e os propios novos para adoptar medidas que están ao alcance de todos, como evitar facer a vista gorda a esa realidade que non queremos ver: cando por exemplo vemos a mozos comprando alcol” explicaba o edil ao tempo que incidiu que pretendemos contribuír a que os rapaces e rapazas reflexionen sobre o seu comportamento .

O Concello segue apostando pola concienciación dos máis novos e da comunidade, por iso continuarán informando dos riscos que implica o consumo excesivo de alcohol, as consecuencias negativas na saúde a curto e longo prazo e a necesidade de ter un comportamento cívico que garanta a convivencia entre todos.

Campaña “Coñece a miña historia” 

A campaña parte desa realidade que non queremos ver, dando visibilidade á historia que hai detrás de cada mozo. Para a mesma creáronse 3 personaxes ficticios que serán os protagonistas.

Tres historias que contan como conseguen alcol, a compra ilegal, con que frecuencia beben, hábitos de consumo, e os danos que produce na súa saúde (tanto física como psicoloxicamente). Historias contadas polos propios rapaces, con linguaxe coloquial adaptada aos mozos para que sentan identificados cos personaxes.

O obxectivo, é servir de apoio nas pautas que son básicas para a prevención, e axudarlles a pensar e reflexionar en aspectos que ás veces non parecen importantes.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo