XXVI Edición da Festa da Malla de Meira

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, o Alcalde de Meira, Antonio de Dios, o Deputado de Turismo, Eduardo Vidal, xunto con outras autoridades, visitaron este domingo a XXVI edición da Festa da Malla de Meira, que se celebra na Praza da vila. Esta tradicional celebración foi declarada Festa de Interese Turístico Nacional de Galicia.

 Campos Conde remarcou que a Festa da Malla de Meira “é unha boa oportunidade para coñecer e descubrir este Concello, ao mesmo tempo desfrutar do seu patrimonio natural e cultural. Ademais a festa da malla de Meira xa se converteu nun referente en toda a provincia, nesta edición xa cumpre 26 anos, polo tanto é unha cita xa consolidada dentro do programa estival”, explicou.

 Todos os visitantes poderán desfrutar durante esta xornada das actuacións de grupos musicais, e tamén da exposicións de maquinaria antiga e de artesanía. Unha autentica xornada de tradición e de lecer.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo