Investigados catro menores por un presunto furto de varias bicicletas

A Garda Civil investiga en Ribadeo a catro menores como presuntos autores dun delito de furto. O pasado día 10 de febreiro os axentes da Benemérita tiveron coñecemento da subtración de catro bicicletas do interior dun garaxe comunitario situado na localidade mariñá.

Os axentes da Garda Civil inician unha investigación, na cal se localizan tres bicicletas das subtraídas no interior dun baixo dedicado a almacén, que un dos presuntos autores utilizaba para gardar a súa propia bicicleta.

Os supostos autores poderían terse desfeito dunha das bicicletas tirándoa á ría de Ribadeo. Así o informou a Garda Civil tras localizala os investigadores nunha zona do peirao, sendo preciso esperar varios días para sacala debido ao estado do mar. As catro bicicletas foron recuperadas e entregadas aos seus propietarios, mentres os investigados foron postos a disposición xudicial.

Furto de gasoil

Doutra banda, a Garda Civil investiga en Abadín a dous veciños da localidade de 51 e 53 anos como presuntos autores dun delito continuado de furto de gasoil.

Os feitos delictivos teñen lugar entre os días 15 e 21 do actual, nos cales os presuntos autores subtraen uns 800 litros de gasoil, valorados nuns 1000 euros, do interior dunhas instalacións industriais situadas no termo municipal de Abadín. Os  investigados xa foron postos a disposición xudicial.

Roubo con violencia e intimidación

A Garda Civil detén na localidade de Burela a un menor como presunto autor de dous delitos de roubo con violencia e intimidación en grao de tentativa. Os feitos tiveron lugar o pasado mes de setembro, cando o presunto autor intentou atracar a un septuaxenario que se atopaba nunha rúa da localidade de Burela, intimidándoo e pedindolle os cartos que levaba encima, chegando a agarralo polo pescozo ao negarse a vítima a entregar os cartos.

Días máis tarde a persoa detida presuntamente intenta subtraer un bolso a unha señora cando paseaba por unha rúa da mesma localidade, non conseguindo finalmente o seu obxectivo. O detido foi posto a disposición da Fiscalía de menores de Lugo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com