Brath, elixido para representar ao Estado Español en Moscova

O grupo de música folk galega, Brath, foi o escollido por RNE-Radio 3 como único representante do Estado Español no Euroradio Folk Festival 2018 que este ano terá lugar en Moscova (Rusia). Brath, con 38 anos de traxectoria musical, participará neste espectáculo cun concerto de preto dunha hora de duración.

Segundo expresou RNE, a “contrastada calidade e a continua busca de linguaxes baseados na tradición” foron a chave para escoller á banda galega de entre todas as do panorama estatal. Brath dará o seu concerto o luns 28 de maio na Sala de Concertos da Torre Ostankino TV, que conta cunha capacidade de preto de 1.000 localidades.

Ademáis da mistura de sons tradicionais do folk galego con instrumentais máis alleos a este estilo, como a batería ou a guitarra eléctrica, Brath ofrecerálle ao público moscovita a súa ampla experiencia en outros festivais internacionais como o Festival Intercéltico de Lorient, na Bretaña, no que estivo representando a Galicia en dúas ocasións, nos anos 1982 e 1988, colleitando un grande éxito tanto de crítica como de público nas dúas participacións.

Euroradio Folk Festival

O Euroradio Folk Festival 2018 terá unha duración de tres días dende o sábado 26 ao luns 28 de maio e nel participarán artistas de 17 paises. O Euroradio Folk é o equivalente a Eurovisión que, centrado na diversidade cultural de Europa, ofrece un concerto de preto dunha hora de duración de cada unha das agrupacións participantes.

Este ano o festival conta coa participación dun cuarteto de corda e percusión proveñente de Corea do Sur e, por primeira vez na historia do Euroradio Folk, unha orquestra de música tradicional China que toca unha especie de laud denominado ruan, que se considera un dos instrumentos máis antigos desta cultura.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com